28 de abr. de 2014

Manuel Lugrís Freire

       Hoxe, luns 28 de abril, ás 19.30 h. con motivo do 80º aniversario da toma de posesión de Manuel Lugrís Freire como presidente da RAG, terá lugar na Real Academia Galega, (Rúa Tabernas, nº11, A Coruña terá lugara presentación do libro A idea na palabra, publicación que recolle textos de Lugrís  non publicados ou escasamente coñecidos, abundante documentación e material gráfico inédito ademais de diversos textos que, sobre o escritor sadense, escribiran os seus contemporáneos. O libro coordinado por Manuel Pérez Lorenzo  conta cun prólogo de D. Xesús Alonso Montero, o actual presidente da RAG.   O acto  está organizado pola  Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e contará coa presenza do presidente da Academia e representantes das distintas administracións, ademáis do autor da selección e membros da familia que aportaron fondos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario