06/06/2013

No principio foi verso

Como motivo da celebración do 150 aniversario da publicación ,na cidade de Vigo, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, a Fundación Barrié, a Fundación Rosalía de Castro, a RAG e a Universidade de Vigo organizan unha exposición conmemorativa entre o 15 de maio e o 15 de agosto de 2013.
A través dunha coidada selección de documentos, publicacións, fotografías, testemuñas gráficas como manuscritos, xornais, cartas e fotografías, ata obxectos persoais, mobles, obras de arte e producións de son e audiovisuais a mostra estructurada en torno a 8 bloques temáticos que van pasando revista a aspectos como a estadía da parella Castro-Murguía en Vigo; as súas actividades conxuntas co grupo dos irmáns Chao e Juan Compañel; a importancia de Vigo como centro editorial do Rexurdimento galego; o valor literario dos Cantares e o contexto histórico da súa publicación, así como o proceso de mitificación da súa autora…Propón un percorrido acerca da vida e obra da inmortal escritora, con especial atención ao proceso vital e creativo que rodeou a xénese e a publicación dunha obra única coa que Rosalía iniciou o Rexurdimento da literatura e cultura galega.

A exposición estará acompañada dun programa educativo, gratuito para ao público, composto por campamentos de verán, visitas guiadas e talleres.

Ningún comentario:

Publicar un comentario