13/06/2013

Lecturas para o verán

      Por Pablo Escariz     
Este foi o derradeiro club de lectura que realizamos os da Cova Céltica. O faladoiro tratou a temática das lecturas para o verán. Os participantes viñeron cunha boa cantidade de  propostas de temáticas variadas entre as que destacaremos as seguintes.


Foto por Alfonso
Erros e Tánatos
de Gonzalo Navaza. Este libro de relatos é a proposta de Patricia:
   "podes ler un rato cada día e non deixar nunca o libro a medias" é o que suliña a comentarista do libro do que di, destaca o relato "Castelos na area".
 
Outras das propostas foi O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas, unha historia ambientada na guerra do ano 1936 e a posterior represión que sufriu Galicia. Aquí temos tamén un tema secundario de amor en tempos de guerra, segundo nos di o autor da proposta.
   Belén trae tamén unha proposta de amor en tempos difíciles: Conta as estrelas de Lois Lowry:
-"Personalmente interésanme moito os temas dos nazis pola trascendencia na historia europea da época.
Outra das propostas é O inferno de Marta do escritor valenciano, Pasqual Alapont, que en palabras de Leticia resulta
"un libro moi realista, que trata o tema dos mal trato psicolóxico entre xoves que teñen unha relación amorosa."
O libro  interesantísimo que nos trae Diego é El factor humano de John Carlin do que nos di que o suxire porque el tamén o leu "no verán pasado" e segundo el comenta "podes lelo día a día sen perderte, mentres aprendes algo da historia da humanidade" ademais o libro ten a peculiaridade de que "se asemella moito a unha crónica periodística".
Os libros arden mal é outra das propostas, xa que  "este é o gran libro que narra diversas vidas de cidadáns de a pé e dos grandes xerarcas da Coruña da guerra e da posguerra.. O libro pódese ler á sombra dunha antuca, ao pé dunha árbore, ou a carón dunha fonte, onde se queira". E falando de libros que arden mal temos que o xénero da  ciencia-ficción nos ofrece a novela do escritor americano Ray Bradbury  Farhenheit 451 que fala dunha época futura no que os libros están prohibidos porque despertan a mente das persoas.
Foto por Florentino


 Outros das lecturas propostas foron, como non, a obra das dúas grandes escritoras do S. XIX: La tribuna de Emilia Pardo Bazán, ambientada na cidade de Marineda (A Coruña) e Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, pois segundo di David "podemos ler un cantar cada día do verán".
Felices e salgadas lecturas  para todas e todos!!
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario