09/06/2013

A nosa lenda.


“Un heroe grego viño en busca do xigante Xerión, quen reinaba sobre as terras comprendidas entre o Doiro e o Taxo, co fin de liberar ao pobo do seu poder desmedido. O enfrontamento entre ambos durou tres días coas súas correspondentes noites. Finalmente, e tras Xerión agacharse e pasar a noite nunha cova, Hércules encontrouno durmindo, espertouno e batéronse a unha loita a morte. Hércules venceu o xigante, cortou a súa cabeza e enterrouno xunto ao mar. 

Para celebrar a súa vitoria, o heroe mandou construír unha torre encima da cabeza da  súa vítima  e ordenou tallar no faro os nomes das persoas que admiraran a súa obra. A primeira muller chamouse Crunna, muller da que andaba namorado, e así foi como naceu o nome da cidade de Coruña.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario