27/04/2013

Visita á Biblioteca Municipal de Estudos Locais









 
O pasado xoves visitamos a Biblioteca Municipal situada na rúa de Durán Loriga. Os alumnos e alumnas de 2º de ESO, participaron activamente nos "xogos" que as biblotecarias tiñan preparados para a ocasión. Organizados en equipos de tres-catro persoas, eles tiveron que consultar materiais en distintos farmatos, inclusive vídeo e microfilm, para poder responder as preguntas formuladas. Outro dos xogos nos que participaron foi o da "Cascarilla" que os levou por diferentes lugares da cidade. Ademais a sorpresa final: na vitrina de exposición atopamos un exemplar da primeira edición de Cantares Gallegos feita en Vigo no ano 1863!!
Así de contentos saímos da visita




 

3 comentarios:

  1. Esta visita foi moi educativa, así como agradable e divertida para todos nós.
    Tratouse dun día un tanto diferente.

    ResponderEliminar
  2. A min pareceume unha visita moi entretida divertida e educativa;ademais de que nos serviu para coñecer outro lugar onde buscar información e coñecemento ademais do que podemos atopar nel.

    ResponderEliminar
  3. A visita foi moi divertida. Aprendín moitas cousas sobre as bibliotecas e xogamos ao xogo do cascarilleiro que foi o mellor de toda a visita, aínda que tamén o pasei moi ben paseando pola rúa

    ResponderEliminar