10/04/2013

LETRAS GALEGAS 2013


2 comentarios:

  1. En 1963, tres membros da Real Academia Galega propuxeron declarar o día 17 de maio de cada ano "Día das Letra Galegas" como data para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da lingua.

    Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego fixeron a proposta ese ano co motivo de celebrar o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, ao ser considerada a primeira obra da literatura galega contemporánea. A obra une a literatura popular coa culta e dálle prestixio á nosa fala como instrumento de creación literaria.

    Escolleron o 17 de maio porque se ignoraba a data da publicación de dita obra e porque foi nese día cando Rosalía llo adicou ao tamén poeta Fernán Caballero.

    Cada ano adícaselle a unha figura significativa do galego e este ano é a quenda de Roberto Vidal Bolaño. Foi escritor, actor e dramaturgo, cunha das publicacións máis importantes do teatro galego contemporáneo.

    ResponderEliminar
  2. Ana Abella Mantiñán, 1BHC.

    O Día dás Letras Galegas é unha celebración feita para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria, como aconteceu este ano con Roberto Vidal Bolaño.

    Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) é a figura máis importante do teatro galego.
    A súa produción caracterízase polo seu gran compromiso coa lingua galega.
    Traballou en todos os campos da produción teatral: foi escritor, guionista, actor (de cine, teatro e televisión), produtor...
    Fundou a compañía "Teatro do Antroido" e "Teatro do Aquí" e participou na creación do "Centro Dramático Galego". Incluso recibiu múltiples premios pola súa obra.

    Él mesmo autodefiníase como "Un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito absolutamente irresponsable persiste na estúpida teima de vivir por e para unha das profesións hoxe en día máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas".

    Outras palabras do dramaturgo, que me chamaron a atención e nas que cabe reparar foron: "Non adoito preguntarme por qué escribo nesta lingua. Sucede e basta”.

    ResponderEliminar