15/01/2013

CANTIGA DE ESCARNIO: MARIA PERES, A NOSSA CRUZADA

Maria Peres, a Balteira. Autor do deseño Luís Seoane


Maria Peres, a nossa cruzada
 
María Perez, a nossa cruzada,
quando veo da terra d´Ultramar,
assi veo de pardon carregada,
que non podia, con ele, merger;
mais furtan-lh´o, cada u vai maer,
e do perdón non llhi ficou nada.
 
E o perdon é cousa mui preçada
e que devia muit´a guardar;
mais ela non á maeta ferrada
en que o guarde, nen a pod´aver,
ca pois o cadead´en foi perder,
sempr´a maet´andou descadeada,
 
Tal maeta ¿como sera guardada,
pois rapazes albergan no logar,
que non aj´a seer mui trastornada?
Ca o logar u eles an poder,
non á pardon que s´i possa asconder:
assi saben trastornar a pousada.
 
E outra cousa vos quero dizer:
atal pardon ben se dev´a perder,
ca muito foi cousa mal gaada.
 
Cantiga de escarnio, de mestría
Autor: Pero da Ponte
 
Vocabulario:
v. 1. cruzada: peregrina a Terra Santa
v.2. Ultramar: Terra Santa
v.3. pardon: perdón, indulxencias
v.4. merger: levantarse (do que pesaba)
v.5. cada u vai maer: cada vez que vai durmir
v.9. maeta ferrada: cofre de viaxe con fechadura.
v.14. albergan no logar: viven en aquel lugar.
v. 16. u eles an poder: onde eles teñen poder; nos seus dominios
v.17. que s´i possa asconder: que se poda esconder aí
v.21. gaada: gañada.


4 comentarios:

  1. A cantiga de Pero da Ponte conta criticando irónicamete a vida de María Balteira, soldadeira da corte pertencente a Galicia. Fala do momento no que decidiu facer unha cruzada para conseguir o perdón polos séus pecados pero non o soubo gardar. Esta muller segue inspirando a autores dos nosos dias coa idea do Carpe Diem que vese reflexado nela. Aínda que no fin da súa vida, o medo ao inferno lévaa a querer confesar.

    ResponderEliminar
  2. Esta cantiga é do xenero profana, e o autor fala en terceira persoa, é unha cantiga de mestria, xa que non ten refrán. Esta isnpirada nun ambiente rural, pois a acción desenvòlvese no mar, no aire libre. Segun a súa forma ten paralelismo, repite a mesma forma :
    ``mais ela nom a maeta ferrada
    sempr´a maet´andou descadeada´´
    Ten dobres na palabra maeta, mordobres en trastornada e trastornar.
    O autor é Pero da Ponte, que foi un dos mais importantes trobadores, que vivíu nas cortes de Fernendo III e Afonso X.

    Yolanda B.L. 1bca

    ResponderEliminar
  3. María Peres é unha soldadeira que ven das terras de Ultramar, que tras unha vida de pecados, agora quere conseguir o perdón, algo moi complicado de conseguir.
    Lorena Diéguez Fernández 1bhb

    ResponderEliminar
  4. Esta cantig afala dunha soldadeira das terras de Ultramar, que quere que lle perdoen os seus pecados, pero elle moi difícil de conseguir.
    Bea Diéguez 1BHB B

    ResponderEliminar