![]() |
María Lado(esquerda) e Lucía Aldao (o outro lado) |
"Moita poesía, pouca diversión" é o título do recital poético-musical que estas dúas autoras nos ofreceron hoxe no noso centro, con motivo dos actos de Letras Galegas. Moita, moita, moita POESÍA. Un acto poético exquisito, nunca esquenceremos!
![]() |
Dedicatoria que nos deixaron María e Lucía no Libro das Visitas |
Pareceume unha actividade moi divertida, ademais de facernos ver que a poesia non é aburrida senón que podemos pasar un bo anaco con ela. Ás poetas eran moi amables e amenas, non fixeron para nada pesada a actividade senón que nos fixeron reir e pasar un bo anaco.
ResponderEliminarNahir Roig 1BHC
O recital estivo verdadeiramente ben, fixerono moi amenos entre música coa gutarra e a recitación de poemas.
ResponderEliminarAdemáis e un punto a favor a defensa que fixeron do galego, gustoume sobre todo a derradeira canción. Porque é certo que a xente tende a facer unha especie de "tradución" cando se lle fala en galego, e ela non adoita falalo.
A actividade gustoume moito, este recital pareceume moi divertido, sobretodo pola última canción que reflexa en parte a realidade á hora de traducir o galego ao castelan. Facen unha actuación moi orixinal pola súa naturalidade á hora de falar con nós e polo modo en que nos fixeron participar ensinandonos que calquera pode facer poesía. Ademáis a acompañación musical é de moi boa calidade, con varias cancóns de Eric Clapton e coa excapcional voz de Lucía.
ResponderEliminarDaniel T.M. 1BHB
Sinceramente pareceume unha actividade moi amena, e sen dúbida algunha para min, o mellor foi a "traducción" da obra "Longa noite de pedra" de Celso Emilio Ferreiro coa que nos deleitaron para finalizar o recital.
ResponderEliminarAtopei este video en YouTube dunha das súas actuacións na Coruña, eu coma xa fixera no instituto volvín rirme no momento do poema de Celso Emilio, déixovolo eiquí: http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=8N0o3WQo-5w
Ai si! Tamén quero mencionar que existe un grupo chamado "Dios ke te crew" que versionou, entre outras obras, o poema "Deitado frente ao mar" en forma de rap.
Foi unha actividade que me gustou moito, ás rapazas o fixeron demasiado ben, xa que, souberon moi ben intruducirnos na representación e fixeron que nos implicaramos con elas moi ben. En fin, eu polo menos paseino moi ben.
ResponderEliminarO recital gustoume, sobretodo por a labor de acercamento da poesía cara nos, demostroúnos que todo o mundo pode ser poeta e facer poesía con temas cotidiáns ou mais elaborados, ademáis achegounos a poesía da actualidade cunha estructura métrica interesante e a sua rima libre, as cancións que se tocaron e cantaron eran abraiantes, gustáronme moitísimo, pero penso que se podería cantar algunha en galego.
ResponderEliminarjoel taibo vilariño 1BC1