25 de xan. de 2012

"O xadrez incentiva a nosa mente" por Mila M.


Xadrez de cerámica (Sargadelos, Isaac Díaz Pardo)


O xadrez é un xogo moi antigo, a súa importación a Europa veu da man dos árabes antes da expulsión da Península, pero o interesante deste xogo é a capacidade que ten de sublimar toda esta enerxía bélica nun deporte que estimula a intelixencia. Por iso mesmo é que as nosas bibliotecarias queren ter un xogo coma este no noso centro, para incentivar a nosa intelixencia. Gústame moito a idea de que podamos ter  xadrez no instituto e poder disfrutar dalgunha que outra inocente competición entre compañeiros. Aínda que eu non sei xogar, encantaríame aprender e chegar a ser unha boa xogadora do xadrez.

7 comentarios:

  1. O xadrez aínda que foi introducido en Europa polos árabes non é un xogo destes, este xogo e de orixe Persa o cal os Árabes cando conquistaron o imperio Sasánida durante os anos 632 e 651.

    ResponderEliminar
  2. O predecesor de todos os xogos da familia do xedrez, é dicir, non só o xedrez europeo senon tamén do xiangqi, shōgi ou o markuk, xursiu presumiblemente na India septentrional coma xogo para catro. Este xedrez primitivo coñeceríase coma chaturanga (चतुरङ्ग en Sánscrito) en Persia e tras a conquista polos árabes continuaría desarroiándose seguiendo as expansións islámicas.
    Coma xedrecistas de élite nómbrase al-Adli (ca. 800-870), quen compuso o primer manual de xedrez.
    O xogo entrou en Europa a través de varios camiños. Un dos primeiros foi través do Imperio bizantiño, especialmente en Constantinopla. Os varegos o trouxeron de Constantinopla (Miklagard, para eles) a Rusia, onde a comezos do século octavo comezou a xogarse. A través dos árabes chegou o xedrez no século noveno a España. O texto europeo máis antigo, no que se conteñen as reglas do xogo, é un libro do alto medioevo, titulado Versus de Scachis escrito en versos latinos por un compositor anónimo do século décimo. Procede probablemente de entre os anos 900 e 950 e de Italia septentrional. Do século duodécimo procede un poemario composto en hebreo polo filósofo sefardí Abraham ibn Ezra (* 1089–† 1164). No século décimo terceiro se compuso baixo o patrocinio do rei Afonso X un famoso manuscrito titulado Libro dos xogos e que trata sobre xedrez, tablas reais (hoxe backgammon) e dados. Dende España expandiuse hacia Italia e a Provenza. De ahí, por exemplo, os nomes de dous famosas aperturas: a española e a italiana.

    Xisela Lema Díaz 1 BACH 1

    ResponderEliminar
  3. Hoxe en dia, no xadrez usase un cronometro para medir o tempo de cada xogador, para evitar que os xogadores tarden demasiado en reflexionar os seus movementos. Nas partidas amistosas non è necesario o cronometro.

    Yolanda BL

    ResponderEliminar
  4. Eu aprendín a xogar pero fai tempo que non o practico... Algúns xogadores son capaces de vencer ó seu oponente en poucos movementos xa que o teñen todo moi ben estudado ó ser un xogo de lóxica. A min impresionoume moito a historia dun norteamericano, Samuel Reshevsky.

    Samuel Herman Reshevsky xogador de xadrez, foi un dos máis grandes maestros de América e do mundo.
    Aprendeu a xogar á idade de catro anos e foi un neno prodixio do xadrez. Ós oito anos xa derrotaba a experimentados xogadores de máis idade (cinco veces á súa ou incluso superior) en exhibicións simultáneas.
    Na década de 1920 os seus pais xa gañaban a vida co talento de seu fillo.
    Outros xogos antigos serían por exemplo: as damas das que se encontraron evidencias dun xogo similar no antigo Exipto ó redor do ano 1600 A.C., o dominó que xurdiu fai mil anos e a oca da que se supón que a primeira versión do xogo foi unha versión regalada por Francisco I de Médicis de Florencia a Felipe II de España entre 1574 y 1587.

    ResponderEliminar
  5. No xadrez, curiosamente, algúns dos enfrentamentos máis famoso que existen son de homes contra computadoras. Debido a que o xadrez é un xogo no cal trabállase deseguido con centos de probabilidades, según onde estén as túas fichas e as do teu opoñente, polo cal requírense moitos cálculos nun mente non-humana. Un dos primeiros autómatas capaces de xogar ó xadrez foi "O Xadrecista", un invento de Torres y Quevedo (científico español) que era capaz de resolver felizmente ó seu favor unha partida na cal só contara cunha torre e o rei, mentres o seu opoñente contara só co rei. A máquina gañaba sempre. A investigación dentro dos autómatas foise deixando, ata retornar nos anos 50 principalmente grazas á empresa IBM. As máquinas, esta vez en partidas "estándar", seguiron sen poder derrotar ós grandes axedrecistas ata pouco antes da década dos 90. Despois desto, son tremendamente famosas as partidas de Gary Kasparov (un dos maiores axedrecistas da historia, campeón durante 15 anos consecutivos) contra computadoras IBM, ás que conseguiría seguir ganando durante os 90 en controles de tempo "normal": en partidas de opcións máis rápidas, as computadoras dominaban claramente. Xa nos anos 2000, a ventaxa das computadoras tornouse abrumadora, chegando nos millores casos para os humanos de terminar en empate. Xa nos últimos anos, as computadoras son superiores e danlles auténticos "baños" ós millores do mundo.

    ResponderEliminar
  6. O axedrez poede ser practicado con uno ou varios obxectivos, dentro dos cales podemos destacar: a diversión e entretenimento, competición, mellora da concentración, a memoria e a creatividade, complementa á educación e formación de nenos e xóvenes. Pero, independentemente dos obxectivos cós que as persoas practican o ajxedrez, a éste recoñecen múltiples beneficios nas áreas do desarrollo da capacidade intelectual e das habilidades de intelixencia emocional. Moitos de esos beneficios foron probados con diversas investigacións realizadas en varios países nas últimas décadas. Os beneficios da práctica do axedrez manifestáronse taménn como unha mellora do coeficiente intelectual e mellora no rendimento escolar da maioría dos nenos e xóvenes.

    ResponderEliminar
  7. O que hoxe en día destacan como mestres do xadrez é a rivalidade que tiñan Kárpov e Kaspárov, dous personaxes de distinta maneira de pensar, ainda que referido ao xadrez, nas suas 144 partidas xogadas durante 10 anos, subiron o nivel do xandez ata tal punto que ninguén os da alcanzado nin de preto.

    ResponderEliminar