22 de xan. de 2012

POEMA DE LORENZO VARELA EN HONRA DE DIAZ PARDO

     <><><><><><><><><>
    Portada de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Debuxo de Díaz Pardo
"Compañeiros da miña xeración mortos ou asesiñados" de Xesús Lorenzo Varela.
Lorenzo Varela
É un dos poemas que se leron no funeral de Isaac Díaz Pardo. Aquí deixovos o poema:
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!
Facíamos un feixe de campos e de estrelas,
e ó pisar ise chao que latexaba
sentíamos subir pola sangue o misterio.
O noso corpo era o camiño da maxia,
a escada pola que viña a lúa,
o zume de todol-os segredos,
a canzón da herba que resucitóu.
E o mismo verme era unha folla leda,
un mensaxeiro do sagrado alén.
Morréchedes, matáronvos, deixáronme.
Quedei aquí, lonxe das vosa sombras.
E gardo, coma un morto,
no centro do silenzo, da sede, da agonía,
o día que vos poda levar á sepultura
unha cesta de pombas e mazás.
¡Tan doce era a xuntanza miña e vosa,
de todos nós co mundo!. 
  
Isabel Escourido 1ºBHB

3 comentarios:

  1. Eu quería falar un pouco da vida de Xesús Lorenzo Varela Vázquez. Nado na Habana o 10 de agosto de 1916 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1978, foi un escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2005.
    Algunhas das súas obras son:
    - Catro poemas galegos pra catro grabados, 1944.
    - Lonxe, 1954.
    - Poesía, 1979, Edicións do Castro.
    - Poesía galega, 1990.

    ResponderEliminar
  2. Durante a Guerra Civil española colaborou en publicacións revolucionarias como ‘Hora de España’ e ‘O Mono Azul’. A partir de 1941 desarrolla a súa obra poética en Arxenina, destacando fundamentalmente seus libros: ‘Torres de amor’ (1942, en castelán), ‘Catro poemas galegos’ (1951) e ‘Lonxe’ (1954). Ademáis, continúa a súa labor periodística, colaborando nos periódicos como Clarín, O Mundo e A Nación e nas revistas como ‘Primeira Plana’, ‘Sur’ e ‘Cabalgata’. Póstumamente, publicouse ‘Homaxes’ (1979), que incluiu poemas en galego e castelán, súa obra poética completa e a obra en castelán ‘Ensayos, conferencias e outros escritos’.

    ResponderEliminar
  3. Xesús Lorenzo Varela nace o 10 de agosto de 1916 no barco La Navarre que estaba facendo a súa entrada na Habana. Fillo de emigrantes galegos orixinarios de Lugo.
    En 1941 parte hacia Bos Aires, onde todavía reside o seu pai. Alí inicia a súa producción como poeta e escribe as súas obras máis importantes, "Torres de Amor" (1942), "Catro Poemas para catro gravados", (o seu primer libro en galego, 1944) e "Lonxe" (tamén en galego, 1954), os tres con ilustracións de Luis Seoane. Escribe para periódicos como O Clarín, O Mundo e a Nación. En Bos Aires regresa á actividad política, militando no Partido Comunista Arxentino. Tamén escribíu en publicacións para os exiliados galegos en Arxentina. Entre 1947 y 1952 se radica en Montevideo, onde vai a manter unha relación amorosa coa escritora Estela Canto.
    En 1976 regresa a España definitivamente e morre en Madrid o 25 de novembro de 1978. En 1981 os seus restos foron trasladados a Monterroso.
    En 2005, A Real Academia Galega decidíu dedicarle o Día das Letras Galegas.

    ResponderEliminar