
O día 21 de decembro organizamos unha sinxela festa de Nadal na biblioteca á que estaban invitados os que participaron no concurso e mais todos os que se quixesen sumar ao acto. Entre os asistentes estaban tamén algúns profesores e o director do centro. Entregamos catro premios nas seguintes categorías:



Premio á mellor postal de Nadal que recaeu en
María de 1º ESO A; premio ao mellor debuxo do Apalpador que o recibiu
Isabel, alumna de 1º de Bach B. Houbo tamén dous textos premiados: Unha carta ao Apalpador e o premio foi para
Victor de 2ºde ESO A e unha Cantiga de Nadal escrita por
Joel de 1º de Bach A. Os premios consistiron en dúas entradas de cine con merenda para cada un dos gañadores. E como do que se trataba era de premiar a participación, aproveitamos tamén a ocasión para entregar os libros que sorteáramos anteriormente entre os asistentes aos clubes de lectura, os gañadores foron
Margarita de 2ºESO A co libro
Violeta tamurana e
Ignacio de 1º de Bach A coa obra
O bosque de Ancines. E para celebrar tanto premio houbo para todos unhas boas larpeiradas

Ningún comentario:
Publicar un comentario