1 de xul. de 2011

Cociñando ao pé da letra



Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas entran nos fogares de 21 escritores e escritoras galegas para pedirlles unha receita explicada literariamente. Esta obra presenta un enfoque gastronómico e humorístico e por poñer algún exemplo atopamos a Fina Casalderrei que nos explica como facer unha rica empanada de millo de croques ou a Xavier Castro preparando un "bacallau electoral".
Os escritores e escritoras que cociñaron para este libro foron Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario