31 de maio de 2011

Lois Pereiro, poeta das Letras Galegas 2011

Por Lizeth Vianchá Mejía (1ºbach)

Lois Pereiro  naceu en Monforte en 1958. Con dezasete anos marchou a Madrid para rematar os seus estudos e, alí, fundou, xunto con outras persoas como Manuel Rivas, a revista "Loia". Nela apareceron poemas de Pereiro que posteriormente serian recollidos en "Poemas para unha loia" (1996). Tamén figurou nas antoloxías colectivas recollidas baixo os títulos "De amor e desamor" (1984) e "De amor e desamor II" (1985) xunto con Pilar Pallarés, Xavier Seoane e outros poetas como o xa citado: Manuel Rivas. Este grupo sostivo a revista "Luzes de Galicia" de onde sacou ideas para a súa novela inconclusa: "Náufragos do paradiso".

En vida, Lois Pereiro, só publicou dúas obras: "Poemas 1981-1991" (1992) e "Poesía de amor e enfermidade" (1995). Poemarios con referencias á literatura xermánica e certos trazos da contracultura. Morreu en Coruña no 1996.

Se se quere coñecer algunha das súas obras (e lelas) pódese entrar na páxina da Biblioteca Virtual Galega onde podedes ler online: "Poemas 1981-1991", "Poemas para unha loia" e "Poesía última de amor e enfermidade".

"O vento sopra
Hai que intentar vivir..."

2 comentarios:

  1. Lois Pereiro, pareceume un escritor bo. Ainda que demasiado pesimista para mín. Ainda así, sabendo o curso da súa vida ten unha sustificación razoable.

    Pareceume, moi impresionante que lle adicaran o día das letras galegas a un escritor da última xeración.

    ResponderEliminar
  2. Cristina Gonzalez Vazquez13:56 do 10 de xuño de 2011

    pareceme un autor interesante e que posue unhas obras moi recomendabeis para ler!

    ResponderEliminar