10 de maio de 2011

Ficción de Letras galegas!

Fotomontaxe por Cris Asensio
O IES Fernando Wirtz con Lois!
Imaxinade que o día das Letras Galegas, dedicado este ano a Lois Pereiro, atopamos o instituto engalanado tal e como se ve na fotomontaxe.

8 comentarios:

  1. Laura Montes Pombar09:01 do 11 de maio de 2011

    O certo é que chegar pola mañá medio dormida a clase e encontrarme o instituto desta maneira sería bastante chocante. Aínda así, penso que posiblemente seríamos instituto que mellor celebraría o día das Letras Galegas, jaja.

    Só faltaría recobrir as paredes de todo o instituto con fragmentos das súas obras.

    Gústame a idea. E quedou moi ben a imaxe, profe.

    ResponderEliminar
  2. Sexa pois, mañá invadiremos as paredes das aulas, dos corredores...

    ResponderEliminar
  3. O mesmo que a miña compañeira Laura Montes penso que sería unha boa forma de celebrar o día das Letras Galegas.

    ResponderEliminar
  4. Pois amin pareceriame moi ben tamén para celebrar o día das letras galegas.
    Boa imaxe do noso instituto!(:

    Patricia Fariña 1BH1

    ResponderEliminar
  5. Como este tipo de cousas non se fan todos os días, pareceríame bastante acertado facelo pois é unha celebración moi importante para nós.
    Se se tivese que facer eu estaría de acordo.

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito....eu nunha primeira ollada pensei que era de verdade, pero logo xa me din conta de que non...jejeje. Xa podía o instituto rascarse o bolsillo e dar uns poucos cartos para facer unha pancarta como as da fotografía.

    David Espiñeira 1ºBH1

    ResponderEliminar
  7. Mª Carolina López Fernández13:56 do 16 de maio de 2011

    Eu opino como David e creo que o instituto podería facelo porque así fai que a xente da rúa interésese máis deste tema. A min persoalmente gústame un poema de Lois Pereiro que lin:
    E ti
    (cravate ben nos ollos esa imaxe)
    a
    solución
    etérea
    do suicidio.

    ResponderEliminar
  8. Aínda que cheguei tarde a comentar, e o día das letras galegas xa pasou; eu opino igual que os meus compañeiros, tamen me gustaría atopar o noso instituto así adornado, xa que non se ve tan soso.
    E é certo que quedou moi ben a imaxe!


    Marta Rodríguez García. 1BC2

    ResponderEliminar