ROSALIA DE CASTRO

"Cantarte hei, Galicia,
na lingua galega,
consolo dos males,
alivio das penas.
Mimosa, soave,
sentida, queixosa,
encanta si ríe,
conmove si chora."
Cantares Gallegos. Rosalía de Castro

05/04/2011

Sen pelos na lingua


Fotos por Cris Asensio

Tal día coma hoxe os alumnos de 1º de bacharalato de humanidades do IES Fernando Wirtz, asistimos no Fórum Metropolitano de A Coruña á obra de teatro "Sen pelos na lingua" representada polos actores María Ordoñez, Toño Casais e Artur Trillo da compañía Talía Teatro.


A obra trátase dunha crítica, chea de sarcasmo e humor, dos tópicos acerca do uso do galego. Mestura situacións que podemos atoparnos na vida cotiá (relacionando falar galego con ser paleto) e outras máis surrealistas (coma por exemplo a "supergalega" e "corporación linguoestética").


A obra ten unha intención clara, rirnos de nós mesmos e facernos pensar sobre o estado actual da nosa lingua. Entón...vós, que pensades?.


Marta Barandela e David Espiñeira 1ºBH1

3 comentários:

  1. A min a obra gustoume moito, porque pasame unha cousa moi semallante, xa que eu na clase non falo galego, porque ninguén o fala, mentres que na miña casa e na aldea falo en galego; o galego pechado, porque se falo o normativo dinme que non lles vaia con "coruñadas", cousas da aldea...

    Ana Castro Rivas
    1ºBH/1

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moitisimo a obra pareceume moi divertida e estretiveme moito, fixome moita gracia, xa que era moi amena e pareceume moi cercana para nós xa que todas as cousas que se dician eran ben certas!

    Por certo compañeiros moi boa redacción

    Cristina Chacón Ramos 1BH/1

    ResponderEliminar
  3. A obra pareceunos moi entretida e interesante.E que reflexa unha gran realidade do galego nestes tempos.

    Ivana Filgueiras e Patricia Fariña
    1BH1

    ResponderEliminar