3 de mar. de 2011

"Un cranio furado" con dez nominacións nos Premios María Casares











O pasado  venres 11 de febreiro asistimos cos alumnos e alumnas 1º de bacharelato de Ciencias á posta en escena da obra Un cranio furado de Excéntricas producións teatrais que tivo lugar no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Esta obra gustou moitísimo e ao final da representación un grupo de alumnas (Marta Barandela, Laura Solano e Aida Rodríguez) entrevistaron a dous dos actores que interviñeran na obra: Evaristo Calvo (o enterrador) e Santi Romay (o policía) para o  noso xornal.


O premio María Casares é un prestixioso premio outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia
(xa vai pola XV edición)


3 comentarios:

  1. Sempre vivín un bastante achegada o mundo do teatro, cando era pequena ía a clases de teatro e gostabame moito. Poir iso pareceume maravilloso a idea e a mostra de poder estar na entrivista a Evaristo Calvo e Santi Romay.

    A verdade e que as veces temos a idea de que os actores teñen que ser de certa forma, da forma na que os acabamos de ver no escenario mais non ten porque ser así. Eu fixeime, que por exemplo Santi Romay era como vergonzoso e non tiña a mesma facilidade que Evaristo.

    O que nos chamou a atención as persoas que fixemos a entrevista foi que non se cerraba o telón, se non que o cambio de escea facíase cara o público. A min isto pareceume unha nova experiencia na que podemos ver dende fora como o realizan o traballo desde dentro.

    Tamén, un dato importante era o xa falado na antiga entrada referida a esta obra da semellanza da cultura irlandesa coa nosa. A mín encantoume a obra posto que recordabame a vida na aldea, un lugar no que eu paso moito tempo e as veces teño morriña del.

    ResponderEliminar
  2. Laura Montes Pombar10:30 do 28 de marzo de 2011

    Pois a mín tamén me gustou. Opino como Adriana, tiveron moitos toques galegos moi nosos, pero tendo en conta que eran habitantes dun pobo non é de extrañar que fosen un pouco "brutos". E aínda así gustoume, non me pareceron exagerados.

    Foi unha obra divertida e entretida. Divertiríame vela de novo. A lástima é que dende o meu sitio escoitábase bastante mal.

    ResponderEliminar
  3. Gustaríame facer referencia o que di Adriana de que as veces desconectaba, pode ser porque quizais marcaban un ritmo da historia mais lento do que o precisaba pero penso que isto pasaba para que a xente tivese máis intriga.

    Cando estás en facendo teatro, en riba dun esceario o que quere e que o espectador teña a toda a túa atención por iso normalmente márcanse coma uns tempos por cada escea.

    Se cadra chámabos a atención de porque sei estas cousas, por porque a miña profesión frustada sempre será o teatro e pasei coma 10 anos da miña vida interpretando obras no colexio e tamén nalgunha compañía de teatro.

    ResponderEliminar