3 de feb. de 2011

Propio da terra



Este é Xoel López.
¿Que quen é? Moitos supoño que saberedes quen é, e outros tantos non o saberán.
Xoel López é un cantante Español, pero máis concretamen é Galego, e ademais da Coruña.
O grupo de Pop-Rock que formou que tivo máis éxito foi Deluxe. Prácticamente todas as súas cancións eran en inglés, pero a partir do 2005 comenzou a publicalos en español.

É un gran compositor, e por iso, quixen facerlle unha homenaxe na miña primeira entrada.

Estaría ben que nos vosos comentarios mencionarades outros artistas propios da nosa terra, xa canten en inglés, español, galego ou o idioma que sexa.
Sempre é unha alegría saber de artistas galegos que chegaron a ser algo no mundo artístico (Sexa pintura, música, cine...) e fainos ver que aínda que o vexamos difícil, con esforzo todos podemos chegar a ser algo tamén se o desexamos moitísimo.

Deixóvos cun vídeo dunhas das súas cancións en español máis coñecidas: "Que no".
http://www.youtube.com/watch?v=LBXebiT-S40

Autora: Laura García Rueda

10 comentarios:

  1. Moi bo grupo "Deluxe"...tiven o pracer de ve los en concerto na praia de Riazor e foi moi bo o seu directo!!...e sen dubida "Que no" é un temazo! ;)

    David Espiñeira Figueroa
    1ºBH1

    ResponderEliminar
  2. Francamente, Xoel López non me gusta moito... Lovely Luna, que é outro proxecto que ten, xa me gusta máis.

    Por outra banda, artistas en galego hai moitos máis do que se pensa. Para comezar, a finais dos 70 deuse o rock progresivo e, ademais, moi bo, véxase NHU, Agra ou Outeiro. Actualmente (esquivando esa vertente sempre prolífica que poderían protagonizar Mercedes Peón, Uxía Senlle ou os xa separados Fía na Roca) e grazas a casas discográficas galegas como Lonxa Cultural, A Regueifa ou Falcatruada, tamén saen outros moitos grupos cunha música que poderíamos clasificar como máis comercial, sen chegar a selo, e, ademais, en galego; como poderían ser Ataque Escampe, The Homens ou Nao.

    Que pasa? O de sempre, ao soar en galego deixan de soarnos, son menosprezados e non chegan nin ao público do lado. Pero isto agora mesmo non importa. Eu xa dixen o que tiña que dicir.

    Sabela Rey Cao
    1ºBH2

    P. D.: E non esquezamos aos Diplomáticos.

    ResponderEliminar
  3. Gústame moito esta entrada e parece moi interesante por coñocer a xente da nosa cultura e os artistas da nosa terra!:)
    Cristina Chacón 1BH1

    ResponderEliminar
  4. Eu non o coñecia, e escoitei algunhas cancións e non
    me gusta.
    Estou de acordo co que dixo Laura de que con esforzo
    todos podemos ser algo, se poñemos interese e ánimo
    claro que podemos.


    Adriana Rey Garea
    1ºBH2

    ResponderEliminar
  5. Primeiro, comentar que teño o mesmo pensamento que a nosa compañeira Laura García, cando expón que é moi interesante coñecer artistas propios da nosa terra. E con isto decateime que non coñezo moitos, ou que os que coñezo xa son algo antigos coma: Xil Ríos ou Andres do Barro.

    Eu coñecía a "Deluxe" pero non moi afondo, e teño que decir que non sabía nin que existía este home. Pero grazas a Laura agora xa o sei.

    Deíxovos está páxina onde atoparedes moita información sobre música galega e asemade sobre novas relacionadas coa música en Galicia: http://www.culturagalega.org/mega/index.php

    ResponderEliminar
  6. Eu primeiro de todo dicir que non coñecía de nada a este cantante , xa que a música que estoy e toda de cantantes extranxeiros.
    Pero é interesante coñecer a cantantes da nosa terra.

    ResponderEliminar
  7. Penso o mesmo, hai moitos máis grupos galegos dos que pensamos, e cada vez poden darse a coñecer máis grazas a ferramentas coma Myspace e similares.
    O primeiro grupo no que pensei foi en Siniestro Total, que acaban de sacar disco (Country & Western, con moitas referencias a Galicia) e tamén en Nao, Los Suaves...
    E por último, comentar que hai moitos grupos galegos que eu coñecín (e creo que non serei o único caso) polo Xabarín Club, en concreto encántame a de "Estou na lavadora" de O Caimán do río Tea.

    Marta Barandela 1ºBH1

    ResponderEliminar
  8. Marta Barandela 1ºBH107:23 do 6 de febreiro de 2011

    Penso o mesmo, hai moitos máis grupos galegos dos que pensamos, e cada vez poden darse a coñecer máis grazas a ferramentas coma Myspace e similares.
    O primeiro grupo no que pensei foi en Siniestro Total, que acaban de sacar disco (Country & Western, con moitas referencias a Galicia) e tamén en Nao, Los Suaves...
    E por último, comentar que hai moitos grupos galegos que eu coñecín (e creo que non serei o único caso) polo Xabarín Club, en concreto encántame a de "Estou na lavadora" de O Caimán do río Tea.

    ResponderEliminar
  9. Doulle as grazas a Laura, porque nunca antes oira falar deste chico. A verdade a música que fai non é a que solo escoitar normalmente, pero aun así non me desgusta.
    Estou completamente de acordo con que temos que coñecer mais artistas galegos, e non temos que menospreciar o seu traballo so polo idioma no que canten. Busquei mais cantantes en galego, aqui volos deixo (ainda que hai moitísimos mais) http://es.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Cantantes_en_gallego
    Tamén os deixo unha páxina con mais información sobre Xoel López (sinto que a páxina esté en español): http://es.wikipedia.org/wiki/Xoel_L%C3%B3pez


    Vera Spadorcia
    1 BC 1

    ResponderEliminar
  10. Persoalmente Xoel Lopez gústame e paréceme que
    é un bo exemplo de que en galiza tamén saen excelentes artistas.
    Pero os músicos non son os únicos que nos dan a coñecer como galegos. Tamén están por exemplo actores e actrices coma Luis Tosar, Mario Casas,Tete Delgado, Francisco Lorenzo...
    Deportistas coma Oscar Pereiro ou Sergio Vallejo. Humorístas como Luis Pedrahita o Robert Bodegas. Mesmo tamén escritores coma Manuel Rivas, Ramón Cabanillas, Castelao entre outros moitos.

    Es que grazas a xente como esta Galicia crece culturalmente.


    Laura Solano 1ºBac 2

    ResponderEliminar