19 de mar. de 2018

      A arte de trobar de Santiago Lopo.
           Polos alumnos de 1° Bach «B»
   
   O que máis me gustou deste libro é o trato que fan das personaxes femininas. Trata desde moi preto a diferencia entre homes e mulleres e personaxes como Elvira son fortes, líderes e loitadores. É unha pena que teña final aberto, gustaríame continuar a historia máis alá das miñas fantasías, das do autor.
Marina A. L.
__________________________________________
   O libro é unha moi boa representación da época na que está ambientado. Ademais de adoitar un estilo narrativo ficticio, intercala os datos máis relevantes acerca do auxe da nosa literatura (os trobadores e as súas obras). Contén unha intriga que te engancha dende un principio. Moi bo.
Antía A. A.
__________________________________________
•Ten un final inesperado porque morre un dos personaxes principáis e iso causoume sorpresa.
•Gustoume a aparición dunha parte da historia de Galicia, tendo así un fin didáctico.
•Mostra compañías de teatro da época, o que é moi interesante, e crea un profundo contexto medieval.
Sofía C. P.
__________________________________________
  
__________________________________________
   Do libro A arte de trobar o aspecto que me parece máis salientábel é o papel da muller. Noutro tipo de novelas a muller desempeña papéis secundarios dentro da trama e é representada coma un ser débil que non se pode coidar por sí mismo, xa que necesita a supervisión dun home. Nesta novela o papel protagonista está personalizado na figura dunha muller. A protagonista deste libro é forte, loitadora e decidida, un exemplo disto sería o final, xa que podendo marchar acompañada doutros trobadores decide seguir ela o seu propio camiño.
Iria María F. S.
__________________________________________
   O libro pareceume moi interesante e as personaxes desenrolan un papel incrible. O libro gustoume debido a súa importancia e pareceume moi interesante de ler, recoméndoo a todo tipo de persoas.
Rodrigo García Blanco. 
__________________________________________
  Encantoume que a trama se desenvólva nun contexto (século XIII) aparentemente alleo á realidade histórica na que vivimos (século XXI), conta cunha gran axilidade narrativa que non estorba nada para que os personaxes podan ser descritos  completamente ó longo da historia e que o lector teña unha perfecta idea deles.
Gustoume tamén pola intriga que o autor consegue transmitir, como por exemplo na persecución de Elvira por parte de Guy de Lille, e na que se entrelazan distintos fíos narrativos  que deixa ó descuberto todas as cuestións descritas e moitas máis que teñen que ver co terreo emocional, máxico, etc...
Andrea G. C.
__________________________________________
   Gustoume por dúas razóns en concreto: a primeira pola aparición das mulleres, onde destaca Elvira, que é coma a líder da banda. Aínda que temos tamén a Martine, Delfina, María, etc.
Neste libro podemos atopar á muller no papel principal, e iso é novedoso e fantástico.
A outra razón, que non por iso menos importante, é o toque didáctico que ten o libro ó falar dunha parte da historia de Galicia.
Alba L. N..
__________________________________________
   Unha das cousas que fan tan especial á novela é a facilidade coa que o autor expresa esta historia medieval en distintas perspectivas, sen resultar pesado dada a brevidade dos capítulos e a axilidade que toma a trama.
Outra gran virtude desta obra é a importancia que teñen as mulleres, as verdadeiras protagonistas. Non só son personaxes ficticios, senón que tamén inclúe a imaxes femininas daquela época, entre famosos nomes masculinos dos que oímos falar nas aulas en canto a literatura galega medieval se refire.
María M.
__________________________________________
   No libro A arte de trobar, Lopo fai unha moi boa descrición da sociedade da época, describe a discriminación que se lle facía as mulleres no século XIII.
A diferencia doutros libros, neste as mulleres teñen un papel fundamental na  obra. Por exemplo, Elvira fai de líder do grupo das mulleres, e ten gran importancia no libro.
Gustoume porque ademais de darlle importancia ó papel feminino, trata unha parte da nosa cultura, como é o Camiño de Santiago.
Diego M. G.
__________________________________________
   A obra gustoume, xa que, polo menos na miña clase, nunca tiven a oportunidade de ler literatura medieval en galego.
Está documentada de maneira moi rigorosa e a obra constitúe un estupendo retrato da nosa historia nesa época.
Fidel M. M.

1 comentario: