12 de xuño de 2013

A noite de San Xoán

En toda Galicia celebramos dende tempo inmemorial a noite do solsticio de verán, establecida dende o cristianismo na noite de San Xoán con ritos ligados á fertilidade e á purificación.
Toda Galicia arde nesta noite de norte a sur e de leste a oeste. Levántanse cacharelas “lumaradas” en cada casa, cada parroquia e cada barrio. A vista dende o aire é de miles de diminutos puntos brillantes repartidos por todo o mapa.

É o momento de escorrentar os malos espíritos: No San Xoán meigas e bruxas fuxirán.
As lumaradas préndense chegado o día 24, é dicir, pasada a medianoite. Así conseguimos protección e boa sorte saltando nove veces unha cacharela esa noite.

Na Coruña acendemos máis de 10.000 lumaradas en toda a cidade, cun ambiente festivo as praias e os barrios énchense de xente á alaranxada luz do lume. A cada paso, ao dobrar cada esquina, en cada bar, en cada barrio, hai unha lumarada e unha grellada ou sardiñada que se reparten de xeito altruísta ao que por alí pasa. Pola noite recollemos plantas aromáticas de varias clases que se deixan na auga para lavarse na mañá seguinte; atribúenselle propiedades terapéuticas e limpadoras.

Os coruñeses celebramos a chegada do verán con multitude de lumaradas, sardiñadas e bo ambiente nunha festa que se ven seducidos por esta atmosfera festiva, polas verbenas e os fogos artificiais.






¿ESTADES PREPARADOS?






1 comentario:

  1. O día 24 de Xuño , é dicir , o día de San Xoán , é sen duda o meu preferido de todo o ano. Marca o inicio do verán e con el ven a liberdade, o poder ir a praia , de festa cos amigos , as festas dos pobos ,etc. É unha noite máxica , ves ó todo mundo nas súas lumaradas festexando isa chegada do verán ata as tantas e saltando as lumeradas .. é sen duda a mellor noite de todo o ano para min. Estou desexando que chegue.

    Desirée Taracido Nion

    ResponderEliminar